Friday 17 de May de 2024

A Inspección de Traballo realizou preto de 30.000 actuacións na provincia da Coruña no ano 2021


― A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, mantivo unha xuntanza cos responsables do organismo na que se abordou a actividade que se está a realizar e que se leva a cabo de xeito coordinado entre Xunta e Estado

― Das 29.899 actuacións desenvolvidas en 2021, un 6,5% remataron cunha acta de infración

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, mantivo unha xuntanza co director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social de Galicia, Demetrio Fernández, e outros responsables deste organismo na sede da Coruña co obxecto de abordar o labor da Inspección que se realiza de xeito coordinado entre Xunta e Estado.

Na reunión deuse conta das actuacións realizadas ao longo de 2021 na provincia da Coruña, un ano no que a coordinación da Xunta e o Estado neste ámbito permitiu a realización de preto de 30.000 actuacións (29.899) das que 1.299 remataron cunha acta de infracción (4,3%). O labor de inspección centrouse, ademais das áreas que son competencia da Xunta (relacións laborais, seguridade e saúde laboral e relacións laborais), nas relacionadas coa seguridade social e emprego e estranxería.

Mancha sinalou que a xuntaza enmárcase nos contactos que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade está a manter cos responsables da Inspección de Traballo nas catro provincias galegas para seguir intensificando a comunicación e continuar levando a cabo o labor de inspección co propósito de mellorar as condicións do mercado laboral de Galicia.

A directora xeral detallou que en materia de seguridade e saúde laboral leváronse a cabo 12.309 actuacións (41,1% do total de actuacións) con 324 actas de infracción. Neste caso desenvólvense controis para velar polo cumplimiento da normativa en materia de condicions de seguridade e saude laboral. “Moitas destas actuacións realizanse de xeito conxunto co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga)”, apuntou.

Na área de relacións laborais desenvolvéronse 4.806 actuacións (16,07% do total) con 218 actas de infracción. Son controis dirixidos fundamentalmente a vixiar que se cumpra a lexislación vixente en materia de contratación. Algúns exemplos son actuacións relacionadas con casos de fraude na contratación, vixilancia dos contratos temporais encadeados ou control da contratación a tempo parcial para que en realidade non sexa a tempo completo.amén se inclúe nesta área, entre outro tipo de actuacións, controis para velar polo correcto funcionamento das ETT, que as condicións de traballo sexan as correctas (horas extras, descansos…), cumprimento da contratación mínima de persoas con discapacidade e para que non existan casos de discriminación en materia de xénero (desigualdade laboral). Tamén se persegue que non haxa actuacións por impagamento ou retraso no pagamento dos salarios. En materia de ERTEs o ERES, a inspección de Traballo efectua un informe preceptivo.

En canto ás actuacións vinculadas co emprego e estranxeiría, nas que se vixían principalmente as autorizacións de traballo e o emprego sumerxido, a directora xeral apuntou que en 2021 tiveron lugar na provincia da Coruña 141 actuacións (0,4%) das que 29 remataron cunha acta de infracción.
Por último, o labor de inspección complétase coa vixilancia en materia de seguridade social que se centra en controlar o pagamento correcto das cotas á Seguridade Social e a compatibilidade entre prestacions e traballo, é dicir, que o traballador non estea cobrando por exemplo a xubilación ou a prestación polo desemprego. Tamén se inclúen neste apartado os controis referidos aos falsos autónomos, así como que a persoa traballadora estea dada de alta na seguridade social. Nesta materia fixéronse 11.819 actuacións (39,5%) con 593 actas de infracción levantadas.

No balance de 2021 tamén se inclúe un apartado referido a outras actuacións no que se engloban principalmente casos de obstruccións ó labor de inspección e escritos de alegacións que fan as empresas ás actas de infracción, e outros informes. Neste caso, o número de actuacións foron 824 que remataron con 135 actas de infracción estendidas.

Respecto ás actuacións inspectoras que se están a desenvolver este ano, en palabras de Mancha, siguen na mesma liña que o ano pasado.